Ola a todas e todos 👋🏻 Sodes benvidas e benvidos ao espazo web provisional da Orquestra da Universidade de Vigo. Aquí atoparedes toda a información actualizada sobre o proxecto: datas de ensaios, horarios, repertorio, documentos organizativos, normas internas e calquera outra novidade relacionada coa actividade musical da nosa orquestra. Este proxecto nace coa ilusión de construír, entre toda a comunidade universitaria, un espazo artístico participativo, integrador e enriquecedor, que nos permita compartir a nosa paixón pola música, medrar colectivamente e levar a arte orquestral a todos os recunchos da UVigo. Animámosvos a participar activamente, a compartir ideas, a facer propostas e, sobre todo, a gozar xuntos desta aventura musical que apenas comeza. Se tendes dúbidas ou precisades contactar directamente, contactade con *[email protected]* á atención da Orquestra Universitaria. Grazas polo voso entusiasmo, compromiso e ganas de facer realidade esta orquestra.
🕖 🕘 Ensaios semanais: xoves de 19:00 a 21:00 horas
📍 Lugar: 3º andar do Edificio Redeiras (Campus de Vigo)
Rúa da Ribeira do Berbés, 11, 36202 Vigo, Pontevedra
Os ensaios comezarán oficialmente no mes de setembro outubro de 2025. Lembrade que este horario poderá axustarse se xorden necesidades puntuais (concertos, ensaios extraordinarios, etc.), pero en principio manterase fixo para facilitar a organización de todas e todos.
Ademais, teredes sempre á vosa disposición un calendario detallado no que se indique que repertorio ou que seccións traballaremos en cada ensaio. O plan de ensaio de cada día facilítase ós/ás membros con antelación suficiente para a súa preparación
Para a comunicación interna, polo momento, empregamos unha canle de Telegram :telegram_logo_circle_icon_134012:. Se estades interesados/as en unirvos, e coñecer información sobre o repertorio ou calquera outra cousiña, contactade coa Universidade (*[email protected] )*

| 📍 Lugar | Auditorio Martín Códax Conservatorio Superior de Música de Vigo Rúa de Manuel Olivié, 23, Freixeiro, 36203 Vigo, Pontevedra | | --- | --- | | 🕐 Hora | Por determinar (20:30 prev.) | | 🎟️ Entradas | De balde | | 🎼Programación | Ver máis abaixo |
| 📍 Lugar | Teatro Principal de Ourense, Rúa da Paz, 9, 32005 Ourense |
|---|---|
| 🕐 Hora | Por determinar (21:00 prev.) |
| 🎟️ Entradas | De balde |
| 🎼Programación | Ver máis abaixo |
ℹ️ A programación pode estar suxeita a cambios. Seguide as nosas canles para estar ó día de todas as novidades da orquestra.
<aside> 📃
PROGRAMA DO CONCERTO
Franz Joseph Haydn (1732–1809)
Obertura de "L’isola disabitata" (Hob. XXVIII:9)
Franz Joseph Haydn (1732–1809)
Concerto para piano e orquestra nº 11 en Re maior (Hob. XVIII:11)
Vivace
Un poco Adagio
Rondo all'Ungarese
Piano solista: Nicasio Gradaille
Béla Bartók (1881–1945)
Danzas populares romanesas (Sz. 68)
Wolfgang Amadeus Mozart (1756–1791)
Sinfonía nº 30 en Re maior (K. 202)
Gioachino Rossini (1792–1868)
Obertura de "Il Signor Bruschino"
</aside>