Ola a todas e todos 👋🏻 Sodes benvidas e benvidos ao espazo web provisional da Orquestra da Universidade de Vigo. Aquí atoparedes toda a información actualizada sobre o proxecto: datas de ensaios, horarios, repertorio, documentos organizativos, normas internas e calquera outra novidade relacionada coa actividade musical da nosa orquestra. Este proxecto nace coa ilusión de construír, entre toda a comunidade universitaria, un espazo artístico participativo, integrador e enriquecedor, que nos permita compartir a nosa paixón pola música, medrar colectivamente e levar a arte orquestral a todos os recunchos da UVigo. Animámosvos a participar activamente, a compartir ideas, a facer propostas e, sobre todo, a gozar xuntos desta aventura musical que apenas comeza. Grazas polo voso entusiasmo, compromiso e ganas de facer realidade esta orquestra.
<aside> ✍🏻
🎶 Xa está aberto o prazo para as novas inscricións!
</aside>

Se che gusta a música e queres formar parte dun proxecto cheo de ilusión, compañeirismo e grandes experiencias, esta é a túa oportunidade. Na nosa orquestra atoparás un espazo para aprender, medrar e gozar da música en grupo, participando en concertos e actividades ó longo do ano. Se tocas algún instrumento sinfónico, anímate e únete á nosa familia musical!
Só tes que facer click aquí ou escanear o código QR e cubrir o formulario da Universidade:
Formularios | Secretaría Online Universidade de Vigo

Se tendes dúbidas ou precisades contactar directamente, contactade con *[email protected]* á atención da Orquestra Universitaria ou directamente coa súa dirección artística: [email protected]
🕖 🕘 Ensaios semanais: xoves de 19:00 a 21:00 horas
📍 Lugar: 3º andar do Edificio Redeiras (Campus de Vigo)
Rúa da Ribeira do Berbés, 11, 36202 Vigo, Pontevedra Este horario poderá axustarse se xorden necesidades puntuais (concertos, ensaios extraordinarios, etc.), pero en principio manterase fixo para facilitar a organización de todas e todos. Ademais, teredes sempre á vosa disposición un calendario detallado no que se indique que repertorio ou que seccións traballaremos en cada ensaio. O plan de ensaio de cada día facilítase ós/ás membros con antelación suficiente para a súa preparación
Para a comunicación interna, polo momento, empregamos unha canle de Telegram :telegram_logo_circle_icon_134012:. Se estades interesados/as en unirvos, e coñecer información sobre o repertorio ou calquera outra cousiña, contactade coa Universidade (*[email protected] )*

https://valminortv.com/2025/10/14/una-orquesta-para-la-uvigo/